HomesociedadeA residencia do Incio segue con 64 contaxiados, tras a morte dun...

A residencia do Incio segue con 64 contaxiados, tras a morte dun residente

Publicado o

- Advertisement -

Os usuarios e traballadores de residencias infectados con COVID-19 en Galicia son 85 este domingo, cifra que se mantén sen cambios con respecto ao sábado. Do total, 66 son persoas maiores, 56 deles usuarios da residencia do Incio e 19, traballadores.

Os datos das consellerías de Sanidade e Política Social actualizados este domingo, con cifras de última hora do sábado, mostran que o centro residencial da Fundación San Rosendo no Inicio ten un caso menos e sitúase en 64, dos que 56 son usuarios –un menos que onte tras a morte dun residente– e oito, empregados.

Un dos maiores que se infectou nesta residencia faleceu onte no Hospital Lucus Augusti de Lugo, onde fora trasladado tras empeorar o seu estado. Trátase dun home de 68 e, coa súa morte, son tres as relacionadas co brote neste centro residencial, intervido pola Xunta.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...