HomesociedadeCantas sancións houbo en Monforte por incumprir as medidas ante a Covid?

Cantas sancións houbo en Monforte por incumprir as medidas ante a Covid?

Esta é a pregunta que plantexa EspertaMonforte ao pleno que se celebrará o xoves.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

EspertaMonforte considera que dende que se levantou o estado de alarma produciuse certo relaxamento no control por parte das autoridades competentes, e lembramos que segundo o artigo 33 da lei de saúde pública de Galicia os Alcaldes son considerados “autoridade sanitaria” e polo tanto teñen competencia para establecer as intervencións públicas precisas para garantir os dereitos e deberes sanitarios da cidadanía.

Asegura EspertaMonforte que contemplan con preocupación a proliferación de casos COVID19 na cidade e comarca que indican, segundo din, “unha transmisión comunitaria descontrolada, co dano que isto implica para a saúde das persoas e a economía local. No pasado mes de maio ao levantarse o confinamento os médicos do centro de saúde de Monforte amosaron a súa preocupación polo incumprimento das normas nos espazos públicos e instaron, de forma pública, ao Concello a actuar.”

Lembra a formación política que os alcaldes tamén son considerados autoridade sanitaria segundo o artigo 33 da Lei de Saúde Pública de Galicia, establecendo ademáis que “Corresponderá aos titulares dos órganos citados establecer as intervencións públicas necesarias para garantir os dereitos e deberes sanitarios da cidadanía.“

EspertaMonforte asegura que nos últimos meses numerosos cidadáns amosaron de forma pública e privada a súa preocupación polo incumprimento de distancias e consumo de alcol na rúa, “especialmente por clientes de certos bares de copas, así como polo incumprimentos de distancias en terrazas de cafeterías das rúas céntricas.”

Con estes antecedentes Esperta pregunta cantas actuacións da policía local houbo, dende o levantamento do confinamento no mes de maio, para:

  • Impedir botellóns ou consumo de alcol na rúa de clientes de bares de copas.
  • Cantos apercebementos sobre cidadáns por non levar a máscara ou levala mal posta?
  • Cantas sancións se puxeron por estes motivos?

ÚLTIMAS

Campus de Voleibol e de Fútbol en Quiroga

O Concello de Quiroga poñerá en marcha un ano máis, e xa van 5,...

O Concello de Chantada aumenta a capacidade e mellora os servizos do punto limpo

O Concello de Chantada vén ampliando e mellorando o punto limpo do municipio desde...

305.000€ para un novo aparcadoiro no Polígono do Reboredo en Monforte

O aparcamento actual, que se ubica na marxe esquerda da vía principal do Polígono,...

Aberto o prazo para a ludoteca de verán de Triacastela

As actividades da ludoteca terán horario de 09:30 a 14:00 horas. Ofértanse 20 prazas...