HomesociedadeAsintomáticos e menores de 30 anos, así son a maioría dos casos...

Asintomáticos e menores de 30 anos, así son a maioría dos casos en Monforte

O alcalde monfortino subliñou as medidas postas en marcha neste tempo como a suspensión de actividades como a feira do libro, campamentos de verán e feira de gando, así como o peche de instalacións como a piscina municipal.

Publicado o

- Advertisement -

A maioría das persoas asociadas ao brote de Monforte de Lemos –77 activos este martes– son menores de 30 anos e asintomáticos.

Así o expuxo o alcalde Monforte, José Tomé, tras a información que lle facilitou o Sergas. Na reunión co Consello Municipal de Saúde, o rexedor queixouse de que a comunicación coa Consellería de Sanidade era inicialmente “moi pouca”, pero tras falar o pasado venres co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, agora a información é diaria.

Ademais dos positivos en Lemos, estímase que hai polo menos outro cinco activos en municipios limítrofes. Destaca que entre a semana do 16 ao 23 de agosto fixéronse unhas 635 PCR, preto de 100 por día.

Así mesmo, os membros do Consello Municipal de Saúde acordaron apoiar un escrito do Colexio Oficial de Enfermaría para solicitar á Consellería de Educación que se destine un enfermeiro a cada un dos centros educativos para axudar ao profesorado na xestión do COVID-19.

O alcalde monfortino subliñou as medidas postas en marcha neste tempo como a suspensión de actividades como a feira do libro, campamentos de verán e feira de gando, así como o peche de instalacións como a piscina municipal.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...