HomesociedadeIncumprimento de horario nun establecemento de hostalería de Taboada

Incumprimento de horario nun establecemento de hostalería de Taboada

A Garda Civil investiga o incumprimento de horario dun establecemento de hostalería de Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O local foi proposto para sanción en varias ocasións por incumprir o horario de peche establecido. A última na madrugada do pasado sábado cando a Garda Civil observa como o establecemento de hostalería conta cunhas 30-40 persoas, varias delas menores de idade, entre o interior e a terraza do local consumindo bebidas de diversa índole.

Procédese a identificar á propietaria do local, á cal se lle informa que o establecemento que rexenta, en base ás medidas en vigor para evitar a propagación do Covid, ten que estar pechado ás 01.00 horas, ante o incumprimento de horario de peche poñeranse os feitos en coñecemento da Autoridade competente.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...