HomesociedadeA Xunta anuncia probas PCR entre a veciñanza do Incio tras dispararse...

A Xunta anuncia probas PCR entre a veciñanza do Incio tras dispararse os casos da residencia

O alcalde está illado tras ter contacto cunha persoa da residencia.

Publicado o

- Advertisement -

Sanidade realizará un cribado entre os veciños do Incio para detectar contaxios de coronavirus despois de que o brote vinculado coa residencia de maiores da localidade aumentase en 49 casos, entre usuarios e traballadores do centro xeriátrico.

Así o confirmou o propio alcalde do municipio, Héctor Corujo, que se atopa illado por ter contacto con persoal da residencia. O rexedor trasladou este mércores unha mensaxe de “ánimo e fortaleza” aos traballadores do centro, que “están a desenvolver un traballo tan duro como imprescindible”, así como a “total colaboración” do Concello tanto co centro xeriátrico como coa Consellería de Sanidade.

Sanidade está a facer un traballo intenso no rastrexo de contactos daquelas persoas que deron positivo para conter de forma urxente outros positivos, posteriormente fará un cribado entre os veciños para coñecer o alcance do brote e articular as medidas que correspondan”, afirmou.

Segundo os datos de Política Social e Sanidade, actualmente hai 113 casos activos de COVID-19 na residencia do Incio, que son 49 máis que os notificados hai 24 horas. Así, o número de usuarios contaxiados disparouse de 56 a 87 e o de traballadores subiu de 8 a 26.

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...