HomesociedadeNovas áreas biosaudables nas parroquias monfortinas de Distriz, Gullade e Moreda

Novas áreas biosaudables nas parroquias monfortinas de Distriz, Gullade e Moreda

A inversión asignada a este proxecto polo Equipo de Goberno do Concello é de 9.331,40 euros, sendo o 40% subvencionado a través de fondos LEADER. As obras desenvolveranse a principios do mes de setembro, sempre que a climatoloxía o permita.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No emprazamento das áreas biosaudables destas 3 parroquias destinaranse terreos públicos de titularidade municipal, optando para elo, por lugares das parroquias preferentes e de habitual costume de xuntanza dos seus veciños, como son as contornas dos locais sociais e dos campos das festas.

A área biosaudable a crear na parroquia de Distriz localizaríase no lugar de As Pozas, na parcela onde se sitúa a área recreativa que rodea ó local social da parroquia. Na parroquia de Gullade, a área biosaludable ubicarase no lugar de O Río, na parcela onde se sitúa o campo da festa de dita parroquia. Na parroquia de Moreda localizaríase no lugar de San Salvador, na parcela do local social de Moreda.

“Coa a creación destes espazos biosaudables”, sinala o Alcalde, “dende o Concello de Monforte buscamos incentivar a práctica da actividade física entre os residentes naqueles lugares do municipio onde se da unha maior carencia deste tipo de iniciativas, conseguindo, do mesmo xeito, mellorar nosa oferta municipal de lecer nestes ámbitos rurais”.

Os traballos a realizar consistirán na adquisición e colocación de aparatos biosaudables que cumprirán coa norma UNE-EN 16630:2015, referida a “equipos fixos de adestramento físico instalados ó aire libre” e contarán todos eles co correspondente certificado de conformidade con dita norma.

Por parroquias, a relación de aparatos que se instalarán en cada unha das tres áreas biosaudables previstas é a seguinte:

  • Parroquia de Distriz: Patíns, Bicicleta, Elíptica, Timón-volantes e Surf-cintura.
  • Parroquia de Gullade: Patíns, Bicicleta, Elíptica, Timón-volantes e Surf-cintura.
  • Parroquia de Moreda: Bicicleta, Elíptica, Timón-volantes e Surf-cintura.

ÚLTIMAS

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

José Tomé Roca revalida a Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo

Tomé Roca logrou 801 votos fronte aos 585 obtidos por Iván Castro, Deputado Provincial...

Case mil persoas participaron este domingo na XV Carreira Popular Concello de Monforte

O número de inscritos na XV edición da Carreira Popular de Monforte de Lemos,...