HomeComarca de SarriaMorre o sétimo ancián da residencia do Incio

Morre o sétimo ancián da residencia do Incio

Publicado o

- Advertisement -

As vítimas mortais da pandemia do coronavirus en Galicia ascenden a 643 este luns tras falecer no Hospital Lucus Augusti (HULA) de Lugo un home de 90 anos e no Hospital de Cee unha muller de 89. Ambos presentaban patoloxías previas.

En concreto, segundo informan fontes sanitarias, o home que morreu diagnosticado de COVID-19 nas últimas horas era usuario da residencia do Incio, que tivo que ser intervida pola Xunta tras detectarse un brote que actualmente afecta a 89 anciáns e 27 traballadores.

En concreto, o home trátase da sétima vítima vinculada con este centro, tras a morte o domingo dunha muller de 93 anos que estaba tamén ingresada no HULA. 

Galicia encadeara ata ese momento case dous meses –desde o 10 de xuño– sen mortes relacionadas coa COVID-19.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...