HomesociedadeMáis obradoiros sobre novas tecnoloxías en Sarria

Máis obradoiros sobre novas tecnoloxías en Sarria

O Concello de Sarria dálle continuidade aos obradoiros que empezou a organizar as pasadas semanas na Aula CeMIT de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para comezar este mes de setembro, e pensando na mocidade, ofrécese entre o 1 e o 4 de setembro, de 17:00 a 19:00 h., o obradoiro “Podcasting: tecnoloxía e creatividade sonoras”. Unha actividade indicada para a mocidade a partir dos 14 anos arredor das posibilidades do audio coa aplicación das novas tecnoloxías.

Para a seguinte semana, do 11 ao 17 de setembro haberá un Curso de Informática Básica. Será tamén na Aula CeMIT entre as 10:30 e as 12:30 h.

Para os e as interesados/as, o concello pon á súa disposición tamén as medidas de seguridade e hixiene que se deberán cumprir no desenvolvemento das actividades.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...