HomesociedadeMonforte suspende a feira do 6 de setembro

Monforte suspende a feira do 6 de setembro

Debido á situación de crise sanitaria derivada da COVID-19 o alcalde de Monforte suspende por decreto a feira do 6 de setembro. O concello tamén informa de que este xoves, 3 de setembro se corta ao tráfico a rúa Doutor Fleming.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A feira do día 6 de cada mes no Mercado Gandeiro de Monforte suspéndese neste mes de setembro por decreto da alcaldía, debido á situación de crise sanitaria derivada da COVID-19 e co obxecto de que non se produzan situacións de risco sanitario para a cidadanía.

O Concello de Monforte informa tamén sobre o corte de tráfico de vehículos que se levará a cabo mañá, día 3 de setembro, pola mañá na rúa Doutor Fleming, debido ós traballos que ten que levar a cabo nesta rúa a empresa FCC Aqualia.

O tramo de vía que será cortado será dende o número 1 da rúa Doutor Fleming ata o cruce coa vía que transcorre parella á vía do tren. O corte levarase a cabo dende as 9 da mañá e ata o remate dos traballos.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...