HomesociedadeUn hospitalizado en Monforte coa Covid19

Un hospitalizado en Monforte coa Covid19

A provincia conta con 33 persoas en hospitalización, 31 no HULA, un Hospital Público da Mariña e un no Hospital de Monforte. Os casos activos aumentan en 12 persoas para un total de 798. Mentres en Monforte das 95 PCR realizadas onte contabilízanse 10 novos positivos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 28 de agosto o Hospital Comarcal de Monforte quedaba sen ningún hospitalizado por Covid19 ao falecer un home de 93 anos da residencia do Incio que ingresara o 26 de agosto. Este xoves, 3 de setembro o Sergas infoma dun novo hospilizado en Monforte.

Mentres a cidade recupérase pouco a pouco do gromo que se iniciaba na rúa Duquesa de Alba a mediados de agosto e do que chegou a haber 120 casos activos segundo o alcalde, José Tomé. Das 95 PCR realizadas onte houbo 10 positivos. Todos contactos estreitos de positivos. Desde que empezou este foco lévanse feito case 1.700 PCR. Dentro do gromo xa se produciron 33 altas

Agora o Sergas informa dun novo gromo de coronavirus no concello de Pantón que afecta de momento a sete menores de 20 anos.

O outro punto forte de Covid19 na zona sur segue sendo a residencia do Incio que xa leva 9 falecidos e que conta con 87 usurarios infectados e 32 traballadores.

O número de novos casos activos na provincia mantense con respecto a días anteriores con 42 novos casos, se ben contabilízanse 12 máis ca onte para un total de 798 casos ao darse 32 altas. Dúas persoas están na UCI do HULA e 763 pasan a Covid19 en domicilio.

Desde o comezo da pandemia a provincia rexistrou 2.248 casos activos de coronavirus, con 1.408 altas e 42 falecementos.

ÚLTIMAS

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que...