HomesociedadeA residencia do Incio suma xa 9 mortes

A residencia do Incio suma xa 9 mortes

Catro mortes notificadas este mércores elevan a 648 os falecementos con COVID-19 en Galicia, dúas delas correspondían a usuarias do Incio e este mércores deron positivo 4 traballadores máis ata sumar 31 traballadores afectados neste centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As últimas falecidas da residencia do Incio son dúas mulleres de 94 e 86 anos que, aínda que procedían do centro xeriátrico, atopábanse ingresadas no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo. Con estas, son nove as mortes relacionadas co brote da residencia, que tivo que ser intervida pola Xunta e que supera o cento de afectados.

E os casos activos de coronavirus na provincia ascenden a 786, 27 máis ca onte, dos que 33 están en hospitalización, 32 no HULA e 1 no Hospital da Mariña. 750 persoas están en domicilio, cando na provincia se levan producido desde o inicio da pandemia, 41 falecementos.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...