Homesociedade‘Volta ao cole solidaria’ a favor da infancia en risco social en...

‘Volta ao cole solidaria’ a favor da infancia en risco social en Lugo

Lugo acollerá os vindeiros días 4 e 5 de setembro a XII edición de “La Vuelta al Cole Solidaria”, unha iniciativa promovida pola Fundación Carrefour e a Cruz Vermella.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa solidaria promoverá a entrega de material escolar a favor de familias en situación en risco social que están atravesando, este ano con máis motivo, serias dificultades para facer fronte ao custo que supón o comezo dun novo curso escolar.

A Fundación Carrefour arrinca esta edición cunha doazón directa de 121.000 euros en material escolar a nivel nacional, un punto de partida ao que se sumarán as achegas que realicen os cidadáns na presente campaña de “La Vuelta al Cole Solidaria” os días 4 e 5 de setembro.

O hipermercado que participa nesta campaña na nosa zona de influenza será Carrefour Lugo.

A nivel nacional, máis de 3.000 voluntarias e voluntarios de Cruz Vermella serán os encargados/as de atender ás persoas que se acheguen aos puntos de recollida para doar material escolar -mochilas, estoxos, cadernos, bolígrafos, lapis, rotuladores, pinturas, etc- para posteriormente distribuílo entre as familias que o precisen. As diferentes Asembleas Locais de Cruz Vermella repartirán o doado ás familias en situación de vulnerabilidade con menores a cargo en cada unha das provincias.

Cruz Vermella Española e Fundación Solidaridad Carrefour traballan conxuntamente dende o ano 2001 a través de diferentes iniciativas sociais cuxa finalidade é contribuír a mellorar as condicións de vida de colectivos en situación de vulnerabilidade.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...