HomesociedadeO alcalde de Pantón: "Xa fixemos os controis, 50 entre familiares, e...

O alcalde de Pantón: “Xa fixemos os controis, 50 entre familiares, e non saíu ningún máis”

Di que "tranquilo non se pode estar" porque pode haber máis positivos.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Pantón, José Luís Álvarez, informou este venres de non se deron máis casos mentre que o Concello continúa “cos labores de desinfección” das principais rúas da localidade. Unha medida que se toma logo dos sete positivos: dous mozos que participaban na rodaxe da última película do monfortino Dani de la Torre e outros cinco casos dunha despedida de verán na parroquia de Acedre.

Álvarez puntualizou que eses labores de desinfección “veñen facendo” desde o “principio”, e mantéñense estes traballos “nas rúas principais, onde están os bancos, onde está o centro médico e o centro de maiores”.

O alcalde de Pantón tamén resaltou que no centro médico hai unha persoa “para desinfectar a cada paciente”. “Iso témolo bastante controlado pero nunca é suficiente”, traslada. En canto aos casos, indicou que son “dous mozos de Pantón” que ían participar na película de Dani de la Torre, ademais de cinco casos orixinados nunha festa en Acedre.

Xa fixemos os controis, 50 entre familiares, e non saíu ningún máis. Estamos á espera; onte fixéronse os últimos de familiares dalgúns que estaban aí, a ver o que pasa”, agregou.

“Tranquilo non podes estar; igual sae hoxe que non tes e mañá telo (o coronavirus)”, reflexionou. “A nós deusenos o caso dunha persoa que veu de Barcelona, fixo o control e non tiña nada. Ao día seguinte atopábase mal, foino a facer e tíñao”, relatou. “Hai que convivir con isto”, concluíu.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...