HomesociedadeAs traídas de auga de Marrube e Vilasatán, no Saviñao, estarán rematadas...

As traídas de auga de Marrube e Vilasatán, no Saviñao, estarán rematadas en outubro

Os traballos que van a bo ritmo permitirán dar servizo aos máis de 160 veciños que residen nestas dúas parroquias

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de O Saviñao, Carlos Armesto, supervisou as obras de mellora das traídas de auga que a entidade local está a levar a cabo nas parroquias de Marrube e Vilasatán. As obras van a bo ritmo e estarán rematadas en outubro. “É dicir, a partires dese mes, os veciños destes lugares contarán cun novo sistema de abastecemento”, precisa Armesto con satisfacción.

Trátase dun investimento importante, que garante que as máis 160 persoas que residen nestes dous lugares dispoñan, sen excepción, dun subministro óptimo e de calidade. Ademais, os veciños disporán dunha arqueta cunha chave de paso para o control do consumo.

Con esta actuación, o goberno local dá un paso máis para dar cumprimento ao seu programa electoral, pois este era un dos compromisos cos que Carlos Armesto se presentou á alcaldía e que estará culminado proximamente.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...