Homesociedade13 ingresados máis na provincia cando supera os 800 casos activos

13 ingresados máis na provincia cando supera os 800 casos activos

O brote de Monforte contaba este venres, segundo os datos de sanidade, con 88 casos activos, despois de terse producido 46 altas acumuladas neste gromo do que se levan feito 1.800 PCR.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A provincia rexistra este sábado, 5 de setembro, 804 casos activos, son 53 casos máis ca onte, pero ao producirse 45 altas, contabilízanse 8 máis ca onte. En hospitalización na provincia contabilízanse 57 persoas, 13 máis ca onte, 3 na Mariña, 1 en Monforte, 4 na UCI no HULA e o resto en hospitalización nestes centro sanitario. 747 pasan a Covid19 no seu domicilio.

Nas residencias da zona sur mantéñense os casos de infectados con 84 usarios e 34 traballadores na residencia do Incio e un traballador da residencia DomusVi de Monforte.

O brote de Monforte contaba este venres, segundo os datos de sanidade, con 88 casos activos, despois de terse producido 46 altas acumuladas neste gromo do que se levan feito 1.800 PCR. Onte foron 96 e contabilizáronse 2 novos positivos.

Galicia detectou nas últimas 24 horas 293 novos positivos por coronavirus e os casos activos incrementáronse en 55, ata situarse en 4.137, de acordo cos datos difundidos este sábado pola Consellería de Sanidade, tomados na tarde do venres.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...