HomesociedadeUnidade de atención temperá en Quiroga

Unidade de atención temperá en Quiroga

Será a única de toda a zona sur da provincia e contará cunha achega de 12.296 euros da Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nace no Concello de Quiroga unha Unidade de Atención Temperá, servizo de asistencia á infancia que podería abrir as súas portas a finais deste mes de setembro. Servirá para identificar, previr e actuar sobre os trastornos no desenvolvemento que poidan sufrir os nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade.

Será a única de toda a zona sur da provincia e contará cun equipo formado por tres profesionais: un psicólogo, un  logopeda, e un fisioterapeuta, todos eles especializados en desenvolvemento infantil e atención temperá.

Atención temperá

Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou que poidan estar en risco de padecelos.

O servizo, que funcionará nas instalacións do centro social, partirá da atencion do/a pediatra, quen fará o diagnóstico previo, en función do cal derivará a familia á unidade de atención temperá máis axeitada para o caso. Os centros educativos ou as propias familias tamén poderán solicitar esta asistencia á infancia.

Para poñer en funcionamento este novo servizo público en Quiroga cóntase cunha achega de 12.296 euros da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...