HomesociedadeSober pon en marcha o servizo "concilia"

Sober pon en marcha o servizo “concilia”

Este servizo de conciliación familiar ofrece, coma nos cursos anteriores, dúas modalidades: o servizo ‘Madrugadores’ e as ‘Ludotardes’

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local do Concello de Sober volve poñer en marcha o servizo de conciliación familiar ‘Concilia’ destinado ao alumnado do Colexio Virxe do Carme durante o curso 2020/2021.

O obxectivo deste servizo, que tivo unha boa acollida nos cursos anteriores, é o de servir de axuda ás familias que precisen que os seus fillos sexan atendidos un tempo antes de entrar ou despois de saír do Colexio. “Con esta medida pretendemos avanzar na conciliación familiar ao tempo que lle permite aos nenos seguir aprendendo e divertíndose cos seus compañeiros baixo a supervisión dun profesional”.

“O Concello porá ao servizo das familias un profesional para atender a estes alumnos no propio centro escolar que se encargará de ofrecerlles unha programación de xogos e actividades”, segundo indica o alcalde, Luis Fernández Guitián. 

Servizo de mañá e de tarde

O servizo ‘Concilia’ ofrece dúas modalidades: unha pola mañá e outra pola tarde. A través do servizo ‘Madrugadores’, con horario de 07:45 a 09:30 horas, o profesional do servizo encargarase da atención aos nenos e nenas para comezar o día antes do horario lectivo con xogos, actividades de lectura, debuxo, etc.

Xa pola tarde, de 15:45 a 17:30 horas, o Concello de Sober ofrece tamén un servizo denominado ‘Ludotardes’ no que os nenos e nenas poden aproveitar para compartir cos seus compañeiros xogos e actividades antes de que os pais os recollan. 

Medidas anti-covid

Fernández Guitián explica que “co obxectivo de manter afastada a covid-19, o servizo ‘Concilia’ do Concello de Sober cumprirá con todas as medidas de prevención e protocolos establecidos polas autoridades sanitarias”.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...