HomesociedadeO Courel acolle o encontro de mulleres con discapacidade intelectual

O Courel acolle o encontro de mulleres con discapacidade intelectual

Do 24 ao 26 de setembro a Aldea do Mazo no Courel acollerá un encontro entre mulleres con discapacidade intelectual, a través do que se pretende promover novos vínculos e alianzas entre mulleres nun ambiente formativo e lúdico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro contará cunha mesa redonda sobre as mulleres con discapacidade intelectual no ámbito rural, obradoiros de expresión corporal e artística e novos retos que están por vir. Por iso o escenario na Aldea do Mazo en Meiraos, Folgoso do Courel, tampouco é casual: unha contorna natural coa que se pretende reivindicar a necesidade de visualizar ás mulleres do rural. 

O acto principal terá lugar o día 26 coa presentación da nova curtametraxe da Federación “Lilith“, unha antoloxía de relatos que abordarán dende unha perspectiva poética as dificultades, a intolerancia e o sufrimento das mulleres con discapacidade intelectual. Centrado no implícito por enriba do explícito, trataranse temas como a maternidade, a culpa, a infantilización a sexualidade ou o decoñecemento social que hai cara a discapacidade intelectual. 

A inscrición para participar neste encontro permanecerá aberta ata o vindeiro 16 de setembro, (neste link) e deberá enviarse cumprimentada a areasocial@fademga.org

Programa completo

24 de setembro

  • 18:00 Saída dende Santiago ata o Courel 21:30 Cea de benvida en Aldea do Mazo

25 de setembro

  • 10:00 a 10:15 Inauguración
  • 10:15 a 11:00 As mulleres no eido rural (FADEMUR Galicia)
  • 11:00 a 14:00 Obradoiros simultáneos

Expresión corporal
A cargo de Belén Bernardo (terapeuta corporal)

Expresión artística
A Cargo de Reina d ́Hoore (Arte&coaching)

  • 14:00 Comida
  • 16:30 a 19:00 Obradoiros simultáneos.

“O meu corpo e eu”
A cargo de Melisa Silva (Con mucho gusto )

“Empoderamento”
A cargo de Rocío Rey (FADEMGA)

  • 21:30 Cea

26 de setembro

  • 11:00 a 12:00 Preestrea da curtametraxe “LILITH” – debate
  • 12:00 a 13:00 Os nosos retos
  • 14:00 Comida

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...