HomesociedadePrazo de matrícula aberto na escola de música da Pobra do ...

Prazo de matrícula aberto na escola de música da Pobra do Brollón

Ata o día 28 de setembro está aberto o prazo de matrícula nas oito materias que se ofrecen na escola de música municipal Samoeiro. Ademais de baile tradicional e coro, hai clases de acordeón, gaita, percusión tradicional, frauta e piano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na Escola de Música Samoeiro poden matricularse persoas residentes tanto na Pobra do Brollón como noutros concellos. O prezo anual da matrícula nunha materia son 90€. Para cada materia adicional, son 45€. Ademais hai un prezo reducido para membros dunha mesma unidade familiar.

En tódalas materias excepto coro, pódense facer grupos para adultos e nenos. Ademais, ofrécese unha materia específica de iniciación musical para nenos de 5 a 12 anos.

“Para A Pobra do Brollón é un orgullo ter unha Escola de Música que leva doce anos facendo veciñanza a través da música e o baile. É unha escola accesible e aberta que conta cun excelente profesorado, todos de gran traxectoria profesional,” comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda.

A matrícula faise de xeito presencial na biblioteca municipal sita na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 982 430 546 ou consultar a páxina web do concello

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...