HomesociedadeA adega Vía Romana, premiada en ‘Distinciones Gallaecia 2020’

A adega Vía Romana, premiada en ‘Distinciones Gallaecia 2020’

O certame, celebrado a finais de agosto no Hotel Bela Fisterra, premiou o viño ‘Vía Romana Grandes Añadas 2011’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Distinciones Gallaecia 2020, certame de gran recoñecemento a nivel nacional, tivo lugar este ano no Hotel Bela Fisterra da Costa da Morte o pasado 31 de agosto. Diferentes catadores, sumilleres e técnicos presentes no encontro cataron máis de 600 caldos e só 72 deles foron galardoados.

Un deles foi o “Vía Romana Grandes Añadas 2011”, premiado como un dos mellores viños e destilados. Cun xeito de elaborar, sen présas, foi embotellado a finais do 2012 despois dun ano no que logo de estar en depósito pasou a botella.

A adega chantadina, Vía Romana Adegas e Viñedos, lugar onde se elabora este caldo premiado, foi seleccionada recentemente como “Bodega Ejemplar” na revista especializada Mi Vino, publicación que fixo unha reportaxe moi completa na que se conta a historia do lugar e o proceso de elaboración dos mencía desta zona da Ribeira Sacra.

Segundo afirma Antonio Candelas, director da revista, “este proyecto ha echado a andar y más pronto que tarde lo veremos entre nosotros, pero lo más importante es que marcará el camino de una forma de entender y elaborar la Mencía en la Ribeira Sacra. Una revolución que no hará otra cosa que revalorizar un patrimonio tan bello como singular”.

ENOTURISMO E VENDIMA

Nun ano raro e difícil para o turismo, Alba Vázquez, do Departamento de Márqueting de Vía Romana, explícanos que houbo bastantes visitas á adega, máis das que esperaban dadas as circunstancias.

As medidas sanitarias foron estritas e rigorosas contando en cada quenda de visitas cun máximo de 10 persoas, visitantes que se movían por espazos diferentes aos compartidos por persoal da adega. En canto á oferta enoturística seguiuse atendendo tamén aos grupos de visitas que chegaron polo “Cavino” cada venres, e que facían parada no seu traxecto do Camiño de Santiago.

En relación aos traballos da vendima, Alba coméntanos que a vendima da uva mencía comeza o vindeiro xoves 17 de setembro e a do godello aínda non ten data programada, calculando que a colleita deste ano poida alcanzar os 150.000 quilos. Tamén nos indica que a oferta enoturística quedará bloqueada do 14 de setembro ao 8 de outubro por mor destes traballos.

ÚLTIMAS

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...