HomesociedadeFeijóo renova na Ribeira Sacra o compromiso co sector vitivinícola

Feijóo renova na Ribeira Sacra o compromiso co sector vitivinícola

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, remarcou o compromiso da Xunta co sector vitivinícola, cunha calidade da uva cultivada nesta vendima "superior" e unha produción total ao redor dos 60 millóns de quilos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante unha visita aos viñedos e ás instalacións da adega Rectoral de Amandi, Feijóo subliñou que as cifras deste ano reflicten, de novo, a rendibilidade dun sector que demostra que o rural galego ten futuro e potencial para albergar empresas, con máis de 13.000 viticultores e 450 adegas.

O sector computa unha facturación de 200 millóns ao ano e posúe “unha gran vocación exportadora”, xa que unha de cada cinco botellas do cinco denominacións de orixe saen de Galicia cara a distintos países.

Nesta liña, o presidente aludiu a Rectoral de Amandi como un exemplo da aposta polo rural, pola calidade do produto e por aproveitar todas as facetas do sector, como o turístico, con visitas guiadas para as persoas interesadas en aprender máis sobre o proceso de elaboración do viño e coñecer a paisaxe única onde se enclava esta adega.

Con respecto á vendima no D.O. Ribeira Sacra, resaltou que xa se recolleron 1,3 millóns de quilos de uva, baixo a previsión de chegar ata os 5 millóns de quilos, “cunha calidade sanitaria e grao de maduración de uva cultivada ata agora moi boa”.

APOIO PARA A RECONVERSIÓN DE VIÑEDOS

Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego lembrou que o compromiso da Xunta co sector ponse de manifesto tamén nos máis de 7 millóns de euros investidos no período 2019-2020, para a reestruturación e reconversión de viñedos, para a elaboración e comercialización e para a promoción en terceiros países.

Vendima na Ribeira Sacra / XdL

“E temos en marcha tamén unha estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia”, lembrou, para engadir que se trata dunha actuación conxunta da Administración autonómica cos sectores vitivinícola e do turismo, para “reforzar a dimensión internacional, turística e territorial” do viño galego.

O presidente do Goberno galego concluíu pondo en valor a profesionalidade do sector para afrontar a vendima nas mellores condicións de seguridade posibles ante a covid-19, constatando a realización de probas de cribado a unha alta porcentaxe de temporeros.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...