HomesociedadeAdxudicadas as melloras do Polígono Industrial do Reboredo e da Travesía á...

Adxudicadas as melloras do Polígono Industrial do Reboredo e da Travesía á estrada da Vide en Monforte

A empresa Probisa Vías y Obras S.L.U., foi a adxudicataria do proxecto de mellora de tres infraestruturas viarias do Polígono Industrial do Reboredo, por un importe de 84.796,80 euros. A adxudicataria da mellora da travesía da rúa Ourense á estrada da Vide foi OPAGA 003 S.L., por un importe de 50.502,51 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de anunciar, trala proposta da mesa de contratación que se celebrou este luns, “a adxudicación de dúas importantes obras de mellora de infraestruturas viarias que suporán unha inversión certamente relevante na nosa cidade, ó destinar para ambas actuacións máis de 135.000 euros”, sinalou o rexedor municipal.

Dunha banda, a empresa Probisa Vías y Obras S.L.U., foi a adxudicataria da obra do Polígono Industrial do Reboredo. Estas actuacións levaranse a cabo sobre o segundo treito da rúa nº 1, e as rúas nº 2 e nº 3, que actualmente presentan un estado de deterioro considerable. Do mesmo xeito, tamén se acometerán accións de mellora nas beirarrúas deste área.

Plano melloras P.I. do Reboredo

Con esta actuación, dende o Equipo de Goberno do Concello “dámoslle continuidade o programa de melloras en infraestruturas urbanas en Monforte e actuamos especialmente sobre unha zona, o Polígono Industrial do Reboredo, na que facía tempo que non se levaban a cabo actuacións deste calibre. Unicamente, dende que eu son Alcalde, levamos a cabo a mellora do treito inicial da rúa nº 1 e puxo unha nova iluminación en todo o Polígono”, sinalou Tomé Roca.

Por outra banda, o Alcalde tamén anunciou a adxudicación doutra obra importante que suporá a mellora da travesía da rúa Ourense á estrada de A Vide. Neste caso, a empresa adxudicataria foi OPAGA 003 S.L., por un importe que ascende a 50.502,51 euros. As obras nesta travesía consistirán na rexeneración do firme de dita vía e outras actuacións significativas, que abarcarán unha lonxitude de 1,5 quilómetros.

ÚLTIMAS

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...