HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra supera os 5 millóns de quilos de uva...

A D.O. Ribeira Sacra supera os 5 millóns de quilos de uva recolleitos

Das 92 adegas que van elaborar viño nesta campaña 2020-2021, 12 adegas aínda están a realizar labores de vendima e as 80 restantes finalizaron os traballos, o que apunta a que nos próximos días poderíase completar esta campaña, na que a uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo e destaca un aumento do grao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra fixaba como data oficial recomendada para o inicio da vendima o pasado 16 de setembro, aínda que o 26 de agosto varias adegas iniciaban xa a recollida. Así cando xa se cumpriu un mes de vendima, a D.O. alcanzaba o 30 de setembro os 5.096.468 quilos de uva recolleitos. Na pasada campaña, que terminaría converténdose na máis abondosa da historia da D.O. con máis de 7 millóns de quilos de uva recolleitos, tamén era a finais de setembro cando se superaban os 5 millóns de quilos de uva. Os datos por variedades son os seguintes:


Variedades tintas

  • Mencía 4.217.830 kilos
  • Garnacha 138.387 kilos
  • Sousón 93.348 kilos
  • Merenzao 50.072 kilos
  • Brancellao 28.104 kilos
  • Caíno tinto 27.372 kilos
  • Tempranillo 25.024 kilos
  • Mouratón 5.292 kilos
  • Grao Negro 1.425 kilos

  Variedades blancas

  • Godello 388.677 kilos
  • Albariño 62.717 kilos
  • Treixadura 40.006 kilos
  • Dona Branca 8.213 kilos
  • Branco Lexítimo 4.430 kilos
  • Torrontés 3.060 kilos
  • Loureira 2.511 kilos

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...