HomesociedadeÁrea de lecer con estacionamento de autocaravanas en Quiroga

Área de lecer con estacionamento de autocaravanas en Quiroga

Comezaron as obras da área de lecer e de estacionamento de autocaravanas que o Concello de Quiroga vai levar a cabo coa intención de fomentar o turismo. Aproveitando unha zona en desuso e que comezaba a deteriorarse vaise construír unha nova área de lecer de múltiples usos entre o Auditorio Municipal e o Colexio de Educación Infantil e Primaria, que acollerá unha área verde e un estacionamento de caravanas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este novo espazo será unha zona de paso e parada técnica con seis prazas de estacionamento para estes vehículos, que posibilitará poder visitar a contorna e os seus lugares de interese. A estancia das caravanas restrínxese de 2 a 3 días, posto que as estancias máis longas deben efectuarse en campings.

Para a realización deste proxecto aproveitarase o formigón da pista deportiva para facer nesta zona a parte de estacionamento. Fóra deste espazo eliminarase o pavimento existente para a creación dunha zona verde. Co fin de acadar zonas de sombra, nesta parte plantaranse seis árbores.

As obras inclúen dotar a zona de auga e saneamento, reparar o pavimento de formigón do acceso e substituír o valado que separa a zona do Colexio de Educación Infantil e Primaria por outro novo de paneis de malla.

Esta obra ten un prazo de execución de tres meses e conta cun orzamento de 48.382 €, incluídos no convenio de colaboración  do Concello de Quiroga e a Axencia Galega de Turismo, para a realización de determinadas actuacións de mellora das infraestruturas turísticas do concello.

Este proxecto que supervisou o rexedor local xunto cos técnicos, inclúese dentro dunha idea máis ampla de  mellora desta zona da vila, do que forma parte o acondicionamento do aparcamento da praza do Albergue que tamén se está levando a cabo estes días e a ampliación do Museo Etnográfico.  

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...