HomesociedadeRecollida selectiva en 30 establecementos do Courel

Recollida selectiva en 30 establecementos do Courel

O Concello de Folgoso do Courel e ECOEMBES asinaron un acordo de colaboración para a posta en marcha dun proxecto destinado á mellora da recollida selectiva de envases lixeiros mediante o fomento da participación de establecementos do sector HORECA (Hostalería, Restauración e Cátering).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa pretende que restaurantes, bares, aloxamentos, casas rurais e outros establecementos turísticos do Concello, preto de 30, poidan sumarse ao programa promovido por ECOEMBES e o Goberno local.

O acordo traerá consigo o incremento, no seu caso, da dotación de contedores instalados na vía pública para a recollida selectiva de envases lixeiros adaptados a un uso compartido entre o cidadán e xeradores singulares do Concello de Folgoso do Courel.

Ademais, farase entrega aos establecementos participantes no proxecto de contedores de pequeno tamaño para a instalación no interior dos mesmos, ao tempo que serán informados e formados para asegurar a súa correcta participación na recollida.

Control e seguimento do proxecto

O Goberno local encargarase de promover a correcta utilización dos contedores por parte dos establecementos, mediante un procedemento de control e seguimento que garanta o seu correcto uso.

Tamén se compromete a garantir a prestación dun servizo de recollida selectiva de envases lixeiros de calidade, en particular no referente á frecuencia de recollida para evitar desbordamentos e á limpeza e mantemento dos contedores e da súa contorna de forma que se facilite e incentive a participación dos usuarios na recollida selectiva.

A alcaldesa, Lola Castro, anima a todos os establecementos a interesarse pola iniciativa e participar nela, o que suporá seguir tomando medidas para contribuír á mellora do medio ambiente.

ÚLTIMAS

Como poden axudar os servizos sociais dos concellos?

As situacións de vulnerabilidade, vinculadas á soidade, depresión ou adicións fixéronse máis visibles durante...

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos...