Homesociedade25.000 euros para a proxección turística do Xeoparque do Courel

25.000 euros para a proxección turística do Xeoparque do Courel

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o presidente da Asociación para a Promoción Territorial Montañas do Courel, Roberto Castro González, asinaron un convenio de colaboración a través do cal a institución provincial achega 25.000 euros para a promoción turística do Xeoparque do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A través deste convenio levaranse a cabo oito accións de difusión, entre as que destacan a participación do Xeoparque do Courel na Feira Internacional do Turismo (FITUR), a celebración de catro xornadas divulgativas e a edición dun álbum fotográfico e de dous cadernos de campo.

José Tomé subliñou “as montañas do Courel son un imán para atraer á provincia de Lugo turistas que buscan natureza e destinos tranquilos e non masificados nesta época de pandemia. Con esta colaboración, a Deputación de Lugo mellorará a promoción turística e a visibilidade deste primeiro Xeoparque Mundial do Noroeste de España distinguido pola UNESCO”.

Montañas do Courel forma parte dunha rede mundial de 141 xeoparques en todo o mundo. O organismo provincial vén tamén de presentar un proxecto para optar a un plan do Ministerio de Turismo de ata 3M€ para impulsar o xeodestino Ancares-Courel e ademais colabora anualmente coa Estación Científica do Courel da USC para divulgar os valores medioambientais, culturais e etnográficos deste territorio. En 2019, grazas ao impulso da Deputación, as Montañas do Courel acadaron a certificación Espazo Observer Turismo Científico para atraer un turismo vencellado á ciencia. 

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...