HomesociedadeO Saviñao inviste 100.000 no formigonado de 58 camiños

O Saviñao inviste 100.000 no formigonado de 58 camiños

O plan de formigonado permitirá mellorar un total de 58 camiños municipais, que dan acceso aos viñedos e ás fincas rurais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo explica o alcalde, Carlos Armesto, “actuaremos en vías de toda índole”. Neste senso, o plan divídese en tres proxectos, que son os seguintes: un inicial, dotado con 57.500 euros; un segundo con 29.000; e, un terceiro, con 30.000 euros. A través dos mesmos, melloraranse os accesos aos viñedos e ás fincas rústicas e rurais. 

O goberno local continúa así dando cumprimento ao seu compromiso de dotar de mellores servizos aos veciños. O titular municipal destaca que se trata “dun paso máis neste obxectivo. Son accesos cuxa mellora veñen demandando os saviñenses e que dende o Concello estamos a facer un esforzo importante por dar resposta a estas peticións”.

A este respecto, Carlos Armesto, adianta que “seguiremos traballando para poder facer máis anuncios deste tipo proximamente”. 

Plan formigonado O Saviñao / concello O Saviñao

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...