HomesociedadeTorre da Homenaxe en azul para o Día da Dislexia

Torre da Homenaxe en azul para o Día da Dislexia

O Concello de Monforte súmase este xoves, 8 de outubro, ó Día da Dislexia, e para elo a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor azul turquesa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Federación Española da Dislexia ten por obxectivo, a través da iluminación de edificios emblemáticos desta cor azul turquesa, facer visible este trastorno da aprendizaxe que perxudica á lectura e á escritura. A campaña busca así sensibilizar sobre esta dificultade específica da aprendizaxe que se calcula  afecta ó 10% da poboación mundial.

“Dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa, facéndoa así extensiva a toda a cidadanía, iluminando para elo de cor azul turquesa a Torre da Homenaxe, pois este trastorno da aprendizaxe calcúlase que en España afecta a 4,6 millóns de persoas e a 800.000 nenos e nenas”, destaca o Alcalde, José Tomé Roca.

dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, que se dá en nenos e nenas que non presentan ningún hándicap físico, psíquico nin sociocultural e cuxo orixe parece derivar dunha alteración do neurodesenvolvemento. As persoas disléxicas manifestan de forma característica dificultades para recitar o alfabeto, denominar letras, realizar rimas simples e para analizar ou clasificar os sons. Ademais, a lectura caracterízase polas omisións, substitucións, distorsións, investimentos ou adiccións, lentitude, vacilacións, problemas de seguimento visual e déficit na comprensión. 

Segundo a Federación Española da Dislexia, o principal problema que ten a dislexia é que non é compatible co sistema educativo actual, pois, dentro deste, todas as aprendizaxes realízanse a través do código escrito. O neno/a disléxico debe poñer tanto esforzo nas tarefas de lectoescritura que tende a fatigarse, a perder a concentración, a distraerse e a rexeitar este tipo de tarefas.

A dislexia, supón moito máis que ter dificultades na lectura e na escritura, xa que existen problemas de compresión, de memoria a curto prazo, de acceso ao léxico, confusión entre a dereita e a esquerda ou dificultades nas nocións espazo-temporais.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...