HomesociedadeServizo de madrugadores para a infancia do Incio

Servizo de madrugadores para a infancia do Incio

Os pais e nais poden mandar aos nenos entre as 08:00 e ás 10:00 da mañá, antes de dar comezo as clases. A medida pretende axudar á conciliación persoal, familiar e laboral

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio oferta este curso escolar 2020-2021 un servizo de madrugadores para os nenos e nenas escolarizados no CEIP Ricardo Gasset. Trátase dunha proposta pensada para as familias que precisan deixar aos seus fillos cedo, antes do inicio da xornada lectiva.

A iniciativa pretende contribuír na conciliación da vida persoal, familiar e laboral axudando aos pais e nais dos alumnos. O servizo, de carácter gratuíto, comeza ás 08:00 da mañá e esténdese ata as 10:00 horas, momento no que comezan as clases. Durante estas dúas horas os nenos e nenas están acompañados dunha coidadora que se ocupa de vixialos.

O servizo préstase no salón de actos do centro, o que permite manter as distancias dos tres grupos burbulla que establecen as medidas anticovid. Na sala teñen diversos xogos e material para poder entreterse.

O Goberno local anima aos pais e nais a interesarse polo servizo de madrugadores a través do Concello ou no propio CEIP Ricardo Gasset.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...