HomesociedadeMunicipios galegos en alerta máxima pola pandemia

Municipios galegos en alerta máxima pola pandemia

Santiago de Compostela e Arteixo atópanse xa entre o dez municipios de toda Galicia no nivel máximo de alerta, o 3, pola situación da pandemia do coronavirus nos últimos sete días. Á súa vez, Narón saíu da lista e pasou ao nivel laranxa, o 2, tras caer a incidencia da COVID-19 no seu territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo consta no mapa que fai público a Consellería de Sanidade na páxina web de información do coronavirus, este domingo están en alerta vermella por detectar máis de 21 casos activos na última semana Ames, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, Monterrei e Verín.

Ademais destes, tamén Ourense e Santiago están no nivel 3, as únicas dúas urbes en alerta máxima. Con todo, ao ser municipios de máis de 50.000 habitantes, os valores para determinar a súa alerta máxima non son de máis de 21 casos, senón maiores. Toda a información no Galicia Confidencial

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...