IniciosociedadeMonforte rescinde o contrato de xestión da piscina municipal

Monforte rescinde o contrato de xestión da piscina municipal

O Concello iniciará expediente de indemnización polos prexuízos económicos ocasionados por Alacer Ocio, ante as graves perturbacións do servizo ocasionadas pola xestión desta empresa respecto da piscina municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello iniciará a rescisión  do contrato de xestión e explotación da piscina municipal climatizada, así como dos servizos de cafetería, e das pistas de tenis municipal da Pinguela, que actualmente está establecido coa empresa Alacer Ocio e Deporte SL.

Tras os pertinentes informes emitidos polos técnicos municipais, tamén o concello abrirá un expediente de indemnización, “polos prezuíxos económicos derivados da xestión que esta empresa levou a cabo da piscina municipal e que ocasionaron graves perturbacións deste servizo”, salientou o Alcalde.

Estas dúas propostas serán levadas para adopción de acordo ó Pleno da Corporación Municipal que se celebrará este vindeiro luns día 26.

Antecedentes

O contrato inicial da piscina produciuse o 31 de marzo do ano 2011, e se lle adxudicou ó Grupo Pazos. E posteriormente, por problemas que tivo dita empresa e que a levaron a concurso de acreedores, produciuse unha cesión do contrato de xestión á empresa Alacer Ocio, o 10 de xuño de 2015.

RP piscina municipal / concello de Monforte

 O Alcalde resaltou que “dende o inicio do contrato, e tamén dende a cesión, producíronse diferentes situacións dunha mala xestión dun servizo público municipal en varias direccións, que afectou tanto ós usuarios como ás relacións laborais difíciles e precarias nalgúns casos, con débedas de salarios, débedas á Seguridade Social, á Facenda e incluso débedas a provedores”. 

Diante destes incumprimentos reiterados por parte da empresa xestora, o 11 de marzo de 2020, a Xunta de Goberno Local acordou facer efectiva a intervención do servizo, “motivada polas graves perturbacións xeneralizadas, o noso modo de ver, nos que incorría o xestor do servizo”.

Ese mesmo día, a Xunta de Goberno Local nomeou como interventor da piscina ó Técnico Municipal de Deportes, Óscar Domínguez, quen se encargou da normalización do servizo, pagando débedas e salarios. Neste senso, o Alcalde aproveitou para recoñecer “a súa brillante xestión ó fronte dese encargo do goberno municipal para normalizar a situación da piscina”.

Fin da intervención municipal e xestión a cargo de Tragsatec

A intervención municipal da piscina acordada pola Xunta de Goberno conta cuns prazos previstos por lei, e deste xeito, os prazos rematan o próximo luns día 26 de outubro. 

“A fin de seguir proporcionando un bo servizo ós cidadáns usuarios da piscina”, indicou Alcalde, “decidimos non devolver a xestión da piscina municipal á empresa Alacer Ocio, para evitar volver a repetir escenas do pasado. Non queremos que se volvan a repetir as situacións que se daban antes da intervención”.

Piscina climatizada / Concello de Monforte

Por este motivo, o Alcalde asumiu propoñer ó Pleno do vindeiro luns a resolución do contrato de xestión da piscina, que suporá a rescisión do contrato coa empresa adxudicataria.

Ó mesmo tempo, por Decreto de Alcaldía, o rexedor monfortino anunciou que se encargará a xestión da piscina á empresa pública Tragsa, a través dunha das empresas do Grupo Tragsa, chamada Tragsatec, que se encarga de levar a cabo asistencias técnicas como a que ten que ver neste caso coa piscina municipal.

Este encargo a Tragsatec será por un tempo de 6 meses, prorrogables mensualmente se fose necesario, ata que se resolva un novo concurso ou que se decida en torno á xestión da piscina. Tragsatec farase cargo do servizo dende o próximo martes 27 de outubro.

Esta actuación a través da empresa pública Tragsa é posible grazas á Deputación Provincial de Lugo. A Deputación, fai menos dun ano, adquiriu accións nesta empresa pública que a converten en “medio propio da Deputación”, que o permite facer extensible os seus servizos ós municipios da provincia de Lugo, a través do Órgano de Asistencia ós Concellos. O Alcalde anuncio que ó longo desta semana, o Concello asinará coa Deputación o acordo que permitirá, a través dun encargo directo, a prestación do servizo por parte de Tragsatec.

O Alcalde tamén comunicou que destas decisións xa foi informado directamente por el o delegado sindical da piscina, Alberto Martín, e anunciou que o vindeiro luns 26 de outubro ás 13:30 manterá unha reunión con todos os traballadores e traballadoras da piscina no salón de actos do Pavillón da Pinguela para informalos das decisións tomadas”.

ÚLTIMAS

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...