HomesociedadeO Saviñao ultima a mellora do pavillón polideportivo

O Saviñao ultima a mellora do pavillón polideportivo

Entre este mes de outubro e comezos do mes de novembro rematará a reforma do pavillón polideportivo, que supón un investimento de preto de 100.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras consistiron na construción dunha rampla para mellorar a accesibilidade, a instalación de portas novas con mamparas separadoras e dunha tarima de parqué de 5 centímetros na totalidade do chan da parte deportiva do pavillón para mellorar as condicións da práctica de determinados deportes como é o caso da patinaxe.

A mellora destas instalacións deportivas municipais complétase co acondicionamento da zona de vestiarios e dos baños mediante a substitución de elementos de peche en mal estado por outros novos e a renovación dos falsos teitos.

O rexedor local sinala que “o goberno local está a dar outro paso máis -despois da reforma integral do teito da biblioteca municipal- de cara ao cumprimento dos compromisos adquiridos cos veciños e veciñas dende o noso programa de goberno” sobre as actuacións nos edificios públicos de titularidade municipal.

Pump track

O Concello do Saviñao vén tamén de poñer en funcionamento recentemente outra instalación deportiva, unha ‘pump track’. Trátase dunha pista que facilita o desprazamento dos usuarios a través de bicicletas, patíns ou monopatíns aproveitando a forza do seu propio peralte e as súas curvas.

Carlos Armesto destaca que se trata dunha instalación novidosa porque “non hai ningunha instalación deste tipo no noso entorno” e porque “é un elemento totalmente distinto que complementa a oferta de espazos de lecer e parque infantís cos que conta o noso Concello”, segundo considera o rexedor local.

“Este é outro exemplo do compromiso deste goberno local de dotar cada vez de máis servizos, mellores prazas e elementos para o tempo de lecer co obxectivo de facer máis atractivo o noso Concello tanto para os nosos veciños coma para aqueles que nos visitan nas distintas épocas do ano”, conclúe Armesto.

Pump track O Saviñao / concello O Saviñao

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...