HomesociedadeMonforte contará con 12 colectores para a recollida de roupa usada

Monforte contará con 12 colectores para a recollida de roupa usada

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de asinar o decreto que autoriza á empresa Texlimca S.A. á instalación en vía pública e xestión de colectores destinados á recollida de roupa usada, calzado e restos de produtos téxtiles.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos vindeiros días a empresa procederá á instalación de 12 colectores téxtiles en diferentes zonas estratéxicas da cidade “para dar así resposta á alta demanda que os monfortinos viñan facendo deste servizo”, sinala a Concelleira de Facenda e 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada.

A colocación dos colectores téxtiles levarase a cabo baixo a supervisión e indicacións da Concellería de Medio Ambiente e será nas seguintes ubicacións estratéxicas da cidade: 

  • Campo San Antonio.
  • Rúa Chantada.
  • Avenida de Galicia.
  • Rúa Estrella.
  • Paseo do Malecón.
  • Praza da Estación.
  • Paseo de Lugo.
  • Estacionamento do Parque dos Condes.
  • Rúa Ourense.
  • Rúa Morín.
  • Rúa Corredoira. 
  • A Florida.

O Equipo de Goberno, vista a necesidade de contar con máis puntos de recollida, decidiu ampliar o número de colectores de 10, que eran os que había antes do establecemento deste novo contrato de xestión, a 12 unidades. Os dous novos colectores que se incrementan son o da rúa Corredoira e un novo na Florida, que dende agora contará con dous.

Está previsto que a colocación dos colectores se inicie o vindeiro martes 27 de outubro.

Características dos colectores

Os colectores que instalará a empresa para a recollida de téxtiles usados son metálicos e están deseñados especificamente para a recollida téxtil, cun volume útil aproxomado de 2,7 m3. Son ademais colectores adaptados coa boca de entrada na parte posterior para facilitar o depósito da roupa ó cidadán, que poderá acceder ó colector dende a mesma beirarrúa para non ter que bordear o colector pola calzada.

En concreto, son colectores en ferro galvanizado inoxidable dunha sola lama e estrutura ignífuga, con medidas anti-vandálicas. A pintura exterior e os adhesivos de personalización, que incluirán o escudo do Concello de Monforte, están protexidos con barniz antigrafitti.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...