HomesociedadeProgramados cortes de auga en rúas e barrios do Concello de Monforte

Programados cortes de auga en rúas e barrios do Concello de Monforte

Realizaranse o vindeiro 26 e 27 de outubro. O luns 26 afectaralle ás rúas Alonso Ríos e Vicente Risco e o martes 27 aos barrios de Chao do Fabeiro, Moreda, San Xulián de Tor, Pol, Cinsa, Seoane e á zona do Mercado Gandeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte informa á veciñanza que o vindeiro luns 26 de outubro levarase a cabo un corte no subministro de auga nas rúas Alonso Ríos e Vicente Risco, para facer as correspondentes conexións da acometida á nova tubaxe de fundición. O corte iniciarase ás 9:00 horas coa previsión de que se alongue toda a mañá.

O martes 27 de outubro levarase a cabo outro corte que afectará neste caso ao subministro de auga na rede do Fabeiro, para levar a cabo obras cuxo obxectivo é mellorar a eficiencia hidráulica da rede de abastecemento municipal. O corte durará aproximadamente dende as 9:30 e ata as 16:00 horas, e afectará a todo o Chao do Fabeiro, Baamorto, Moreda, San Xulián de Tor, Pol, Cinsa, Seoane, así como á zona do Mercado Gandeiro ata as rúas Manuel Murguía e Uxío Novoneira.

A actuación consiste na instalación de 3 contadores, cos que se mellorará a sectorización da rede, creando 3 subsectores dotados con sistemas de monitorización para rexistrar caudais e presións.

Toda a información recollida por estes sistemas de monitorización envíase diariamente ao centro de control e visualización da oficina de Aqualia en Monforte. Deste xeito, recibidos os datos e analizados, permiten mellorar o servizo, minimizar perdas, evitar avarías e saber o número de posibles usuarios afectados. Os equipos tamén permiten transmitir alarmas por mensaxes vía móbil, avisando aos operarios de posibles fugas ou roturas.

O Concello agradece a comprensión dos veciños e veciñas diante das molestias que os traballos de mellora poidan ocasionar.

ÚLTIMAS

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...