HomesociedadeA Pobra do Brollón terá albergue de peregrinos

A Pobra do Brollón terá albergue de peregrinos

O Concello da Pobra do Brollón acaba de adquirir un edificio para acondicionar un albergue de peregrinos. Trala aprobación no pleno municipal o pasado venres da proposta de compra, esta formalizouse a principios desta semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O edificio para o albergue está situado na Praza da Condesa no centro da capitalidade da Pobra do Brollón, a escasos metros do Camiño de Inverno. “O proxecto do albergue permítenos reforzar a economía local a través do turismo dotando de infraestrutura necesaria para o camiño,” declarou o alcalde, Xosé Lois Maceda. A localización do futuro albergue forma parte dunha “estratexia a longo prazo de revalorizar e embelecer o centro histórico” da localidade.

Os fondos da adquisición proceden dunha subvención da Xunta. O total do proxecto – incluída a compra e as obras – está presupostado en aproximadamente 195.000 €, financiados pola Xunta e a Deputación.

Actualmente o albergue máis próximo no Camiño de Inverno está en Quiroga, a aproximadamente 22 quilómetros da Pobra do Brollón. O proxecto de albergue pretende cubrir este baleiro de infraestruturas no camiño, que polo de agora sorteouse cun albergue solidario provisional instalado en 2018 no polideportivo municipal.

ÚLTIMAS

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...