HomesociedadeUnións Agrarias denuncia ataques de lobos en Chantada

Unións Agrarias denuncia ataques de lobos en Chantada

O sindicato agrario denuncia os “continuos ataques” dos lobos a ganderías das parroquias de Vilaúxe, Santa Uxía de Asma, Laxe ou San Pedro de Viana

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

EFE.- Unións Agrarias (UU. AA) denuncia os ataques constantes de lobos a ganderías do Concello de Chantada con incursións deste depredador en explotacións das parroquias de Vilaúxe, Santa Uxía de Asma, Laxe ou San Pedro de Viana. As aparicións chegan, ademais, “co resultado de varias vacas e becerros mortos”.

O sindicato agrario esixe “unha acción decidida por parte da Xunta de Galicia para controlar con criterios técnicos o volume das poboacións de lobo”. Esta organización subliña que só así se pode “manter a convivencia entre a fauna salvaxe e a actividade gandeira”, porque “non é asumible que os gandeiros sexan os encargados de alimentar cos seus animais ás mandas de lobos”.

Engaden tamén que “é necesario reforzar o orzamento para axudas compensatorias, a liquidación dos atrasos e axilidade administrativa na tramitación dos expedientes, e un cambio normativo similar ao que levou a cabo en Asturias para realizar esperas por parte de equipos de caza específicos, á marxe dos tecores”.

UU. AA. reclama, en definitiva, unha xestión de verdade, rigorosa e comprometida do lobo en Galicia e lembra que a conservación desta especie “é unha tarefa de toda a sociedade”. Neste senso, avogan polo control puntual das mandas dese depredador en zonas gandeiras e tamén por poñer a disposición destes alimentación disuasoria para estes animais en determinadas zonas e épocas do ano.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...