HomesociedadeLibera! pide máis controis tras os dous feridos en cacerías na Ribeira...

Libera! pide máis controis tras os dous feridos en cacerías na Ribeira Sacra

Galicia é a cuarta comunidade con máis accidentes cinexéticos no que vai de ano O Ministerio do Interior contabiliza 7 mortes e medio cento de feridos na comunidade. A Asociación Animalista LIBERA! denuncia a falta de medios técnicos e humanos para controlar as batidas na provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Animalista Libera! desexou este luns, 2 de novembro, unha pronta recuperación aos dous escopeteiros feridos nos dous incidentes durante batidas realizadas nos termos municipais do Saviñao e Pantón.

Lembran desde Libera!, que segundo datos do Ministerio do Interior, Galicia é a cuarta comunidade autónoma en número de accidentes relacionados coa actividade cinexética. Nesta situación, os animalistas advirten sobre a falta de medios técnicos e humanos para garantir a vixilancia da maior parte das batidas que se realizan cada ano na provincia de Lugo e no conxunto do territorio galego.

Os incidentes da Ribeira Sacra súmanse a outra dilatada lista de posibles “neglixencias”, como apuntan desde Libera!, “desde o ámbito sanitario con cacerías onde os participantes non portan máscaras nin respectan as distancias interpersoais, ata a seguridade cidadá, con cazadores disparando desde beirarrúas ou contra vivendas habitadas e enfrontándose a veciños que llo recriminan, como sucedeu en Oleiros”.

Fronte a estes contextos que poñen en risco a integridade física do conxunto da cidadanía, os defensores dos animais avogan por reforzar os controis á actividade, implementando a posibilidade de que os Axentes Medioambientais realicen controis de alcol e outras substancias estupefacientes, ampliando as zonas de seguridade e obrigando aos cazadores para superar controis psicotécnicos con máis periodicidade.

LIBERA! advertiu que suceden máis accidentes dos que teñen coñecemento os medios de comunicación ou calquera persoa particular, “o que evidencia unha certa conivencia das administracións públicas co discurso do lobby procaza de que esta é unha actividade supostamente segura”, asegura Libera!

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...