Homesociedade1 millón de euros nas ARIS de Monforte e Sober

1 millón de euros nas ARIS de Monforte e Sober

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de asinar novos convenios para dotar de fondos ás áreas de rehabilitación integral de Monforte de Lemos e Sober, que acumulan unha dotación de máis de 1 millón de euros para o desenvolvemento de actuacións de rexeneración urbana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Monforte de Lemos asina un novo convenio por 100.400 euros e ten en marcha outros por importe de 322.000 euros. Pola súa banda, Sober recibe este ano 48.400 euros que suma aos 712.000 euros que está executando de exercicios anteriores.

Os beneficiarios finais dos fondos repartidos son os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazados no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen. Tamén se poderán beneficiar das axudas os propios concellos para a realización de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das ARI. Ademais, a Xunta, con fondos propios, financia as oficinas de rehabilitación municipais.

Son os propios concellos os encargados de realizar as convocatorias públicas para que os propietarios de vivendas emprazadas no ámbito das áreas de rehabilitación poidan presentar as súas solicitudes.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...