HomesociedadeDispositivo de tráfico na 14ª etapa da Vuelta Ciclista a España ó...

Dispositivo de tráfico na 14ª etapa da Vuelta Ciclista a España ó seu paso por Monforte

O horario estimado pola organización de paso pola rúa Chantada é sobre as 15 horas, podendo variar en función do desenvolvemento da carreira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores, 4 de novembro, o pelotón da 14 etapa da Vuelta, fará a súa entrada pola estrada de Chantada, procedente de Escairón, e seguirá recto pola rúa Chantada na glorieta de enlace coa Ronda María Emilia Casas Baamonde, dirección Monforte centro. 

No cruce coa rúa Ourense e Avenida de Galicia, xirarán á dereita pola rúa Ourense dirección Distriz e Ferreira de Pantón. En función do percorrido e do horario descritos, o Concello informa que se cortará o tráfico en todas as vías polas que discorrerá a carreira, así como as que conflúan nelas. Estímase que dito corte se faga sobre as 14:30 horas e manterase ata que finalice o paso de toda a Vuelta, pasadas as 15 horas.

O tráfico de Ronda María Emilia Casas Baamonde que circule en dirección á rúa Chantada, cortarase na glorieta de enlace con rúa Abeledos e con avenida Luís Moure Mariño, desviándose por estas rúas.

No centro da cidade, o tráfico de saída da rúa Hortas con destino á rúa Ourense, será desviado cara á Compañía e Roberto Baamonde, e na glorieta de Puente Fontecha, o tráfico de entrada a Cardenal e Avenida de Galicia tamén se cortará, desviándose pola rúa Roberto Baamonde.

ÚLTIMAS

María Pena López, nova centenaria de Quiroga

Esta centenaria asegura que o segredo para chegar a cumprir un século de vida...

Reactivadas as comunicacións para queimas agrícolas e restos forestais

Como vén sendo habitual, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de...

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...

‘Foliada Guímara’ en Pacios da Veiga

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa que impulsa o Concello da Pobra do Brollón...