HomesociedadeChantada en alerta vermella e Monforte e Sarria en alerta laranxa

Chantada en alerta vermella e Monforte e Sarria en alerta laranxa

O número de municipios en alerta vermella pola incidencia da COVID-19 nos últimos sete días baixou de 50 a 44 con respecto ao domingo, tras incorporarse á listaxe Cee e desactivarse esta situación en seis concellos: Santiago de Compostela, Ordes, Noia, O Carballiño, Verín e Soutomaior.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a actualización deste luns do mapa de alertas da Consellería de Sanidade, que reflicte certa melloría ao descender do medio cento a cifra de localidades en risco máximo, na provincia de Ourense tan só quedan Xinzo de Limia, Ribadavia e a propia capital.

En Lugo, son seis os municipios en alerta vermella, os mesmos que figuraban este domingo: Cervo, Chantada, Viveiro, Burela, Vilalba e a cidade de Lugo.

No segundo nivel de alerta atópanse este luns 29 municipios galegos, máis que o domingo tras a incorporación de seis que descenden do nivel máximo –O Carballiño, Verín, Ordes, Santiago, Noia e Soutomaior– e doutros tres que empeoran os seus datos nos últimos sete días: Sarria, Camariñas e Ponteceso. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...