HomesociedadeO Alcalde solicita á Xunta de Galicia que levante o peche perimetral...

O Alcalde solicita á Xunta de Galicia que levante o peche perimetral de Monforte

Esta petición lévase a cabo á vista dos datos que ven de dar a coñecer a Consellería de Sanidade, e que indican que o Concello de Monforte de Lemos reduciu o número de positivos por COVID-19, o que propiciou que deixe de estar en alerta vermella, pasando a nivel de alerta laranxa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local, celebrada hoxe luns 9 de novembro, acorda por unanimidade solicitar ó Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o levantamento do peche perimetral de Monforte, logo de que o Concello pasara de alerta vermella a alerta laranxa, tras os últimos datos facilitados polas autoridades sanitarias.

Segundo o alcalde, respectando as recomendacións das autoridades sanitarias, o Concello de Monforte deixa de ter os criterios que motivaron o seu peche perimetral e tamén o peche da hostalaría, “tendo en conta ademais que hoxe luns día 9 de novembro remata o Estado de alarma con carácter xeral”

“Vimos de remitir á Xunta de Galicia un requerimento no que lle solicitamos o levantamento do peche perimetral do Concello de Monforte de Lemos, e que se permita ademais a reapertura dos establecementos de hostalaría, coas restricións establecidas con carácter xeral para este sector no conxunto da Comunidade Autónoma de Galicia” concluíu o rexedor municipal.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...