Homesociedade16 mozos fórmanse no obradoiro "Montañas do Courel"

16 mozos fórmanse no obradoiro “Montañas do Courel”

O obradoiro de emprego Montañas do Courel vén de iniciar a súa actividade coa participación de 16 mozos e mozas menores de 30 anos que durante doce meses recibirán formación e disporán dun contrato de traballo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obradoiro “Montañas do Courel” está promovido polo Concello de Folgoso do Courel xunto con Quiroga e Ribas de Sil, e é financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade cunha achega de 369.500 euros.

As actuacións que levarán a cabo durante os vindeiros meses centraranse na conservación e mellora de camiños municipais e outros espazos públicos dos tres municipios. En Folgoso do Courel está previsto que traballen en Esperante, Noceda, Sobredo, Meiraos, Miraz de Arriba, Mercurín, Moreda, Campelo, Mostad, O Carbedo – Liñariños, Santa Eufemia, Pedrafita do Courel, Vilasibil e Noce. En Ribas de Sil as accións desenvolveranse na ribeira do Sil, Regueiros de San Pedro e Pumares, en San Clodio. En Quiroga tamén actuarán en diferentes núcleos rurais do concello.

Os participantes percibirán un salario durante a súa participación na actividade ao longo de 12 meses -este ano unha das novidades foi a ampliación do programa dos 6 aos 12 meses-. A Xunta apoiará o 100% do salario mínimo interprofesional e a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...