Homesociedade127.000 euros na modernización da estación de autobuses de Sarria

127.000 euros na modernización da estación de autobuses de Sarria

Os traballos afectaron a elementos estruturais, como cubertas, paramentos e pavimentos, e tamén a aseos e outras dotacións e servizos. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executou nos últimos meses obras similares en cinco estacións da provincia, elevando o investimento total a preto de 733.000 euros. As reformas leváronse a cabo en Burela, Monforte de Lemos, Ribadeo e Viveiro, ademais de en Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, indicou que o obxectivo destas actuacions é conseguir instalacións “máis confortables e competitivas”, no marco da aposta da Xunta por “fomentar o uso do autobús para a mobilidade interurbana”. O Goberno galego, engadiu Arias, “continúa mellorando as frecuencias, adaptando horarios e modernizando as instalacións, porque entendemos que é unha alternativa necesaria para numerosos veciños e veciñas e aconsellable para o conxunto da poboación, co fin de reducir o tráfico nas estradas”.

Na estación de autobuses de Sarria reformáronse os aseos, reparouse o falso teito, e pintáronse os paramentos tanto exteriores como interiores. Tamén se realizaron traballos na cuberta do edificio e da dársena, cambiáronse carpintarías, mellorouse o muro de peche perimetral e acondicionouse o pavimento adoquinado. Igualmente, acometéronse reformas na instalación eléctrica e nos sumidoiros.

Por último, retirouse a cartelería obsoleta, colocando novos carteis de situación así como pantallas informativas electrónicas que ofrecen información de interese sobre os sevizos de autobús.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...