HomesociedadeUn antes e un despois para a Ribeira Sacra cara Patrimonio da...

Un antes e un despois para a Ribeira Sacra cara Patrimonio da Humanidade

A Xunta constituíu nos últimos días a comisión na que participan concellos, consorcios, deputacións, asociacións e bispados, entre outras institucións, co obxectivo de impulsar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xunta, concellos e deputacións conforman unha comisión para que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio Mundial en 2021. Trátase dunha nova ferramenta que é “clave”, tal e como destaca o Goberno galego, para a “coordinación de actuacións e investimentos” que permitan avanzar “coas máximas garantías” cara á celebración da 45ª sesión do Comité da Unesco do 2021, que decidirá sobre ese recoñecemento.

A Xunta tamén destaca o carácter “transversal” desta comisión que, a través da implicación dun total de sete consellerías, reflicte o seu “compromiso” cos concellos que conforman a paisaxe cultural da Ribeira Sacra, enclave situado entre as provincias de Lugo e Ourense.

Por parte do Goberno galego, están representadas a Vicepresidencia primeira –responsable da área de Turismo–, a Vicepresidencia segunda –área de Economía, Empresa e Innovación–, así como as consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Infraestruturas e Mobilidade; Cultura, Educación e Universidade; e Medio Rural.

Esta comisión, asegura a Xunta, suporá “un antes e un despois” para a Ribeira Sacra, posto que permitirá que diferentes organismos e entidades presenten as súas iniciativas “para unha xestión eficaz” tendente a “a conservación dos seus valores como paisaxe cultural” 

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...