HomesociedadeO alcalde de Sarria lamenta coñecer pola prensa a alerta no seu...

O alcalde de Sarria lamenta coñecer pola prensa a alerta no seu municipio

O xefe da Policía Local de Sarria deu positivo por coronavirus, de modo que se lle fixeron probas PCR aos axentes que estiveron en contacto con el, e deron negativo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, lamentou que o seu gabinete decatouse pola prensa de que o municipio entrou nas últimas horas no nivel vermello de alerta como consecuencia dos contaxios por coronavirus detectados nas dúas últimas semanas.

“Non temos noticias das autoridades sanitarias”, dixo Garrido, quen indicou que o Goberno local “pouco máis sabe” do anunciado polos medios de comunicación. Nese sentido, o alcalde afirmou que descoñece a extensión dos brotes detectados no municipio, o número de persoas afectadas, se se circunscriben ao ámbito familiar ou se están localizados. “Non temos nin idea”, dixo Garrido, quen expresou a súa esperanza en recibir máis información por parte das autoridades sanitarias durante a xornada.

O alcalde confirmou que o xefe da Policía Local de Sarria deu positivo por coronavirus, de modo que se lle fixeron probas PCR a “os axentes que estiveron en contacto con el”, pero sinalou que “deron -un resultado- negativo”.

ÚLTIMAS

Ribeira Sacra reforza en Fitur a candidatura a Patrimonio da Humanidade

Durante o acto institucional de presentación da candidatura, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua...

O 14 de febreiro Sober celebra o desfile de Entroido e o Baile da Cachucha

O sábado, día 14, a festa empeza ás 17:00h co desfile de Entroido...

Xornada sobre o aove galego o 24 de xaneiro en Quiroga

Baixo o título de “Elaborar aceite de oliva virxe extra de calidade en Galicia....