HomesociedadeFolgoso do Courel promove formación gratuíta online para traballadores

Folgoso do Courel promove formación gratuíta online para traballadores

O Concello de Folgoso do Courel vén de asinar un convenio de colaboración con Foro de Formación y Ediciones S.L. para a difusión de actividades formativas dirixidas a traballadores ocupados, autónomos ou en situación de ERTE.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local subscribe este acordo co propósito de mellorar as competencias profesionais e a inserción laboral dos veciños e veciñas a través da realización de actividades formativas online de carácter gratuíto enmarcadas no ámbito da formación profesional para o emprego.

O Concello de Folgoso do Courel comprométese a divulgar e publicitar as accións formativas pactadas co Centro de Formación entre os colectivos de traballadores que cumpran cos requisitos de matriculación. O Centro é o encargado de impartir as actividades, de carácter subvencionado, e de expedir os correspondentes diplomas.

Os cursos que se ofertarán este mes de novembro son:

  • Introdución á apicultura tradicional e ecolóxica (40 horas)
  • Usuario profesional de produtos fitosanitarios nivel cualificado (60 horas)
  • Enerxías renovables, especialidade en biomasa (70 horas)
  • Alerxias e intolerancias alimentarias (50 horas)
  • Envasado de produtos alimentarios (50 horas)
  • Incendios forestais: efectos medio ambientais (120 horas)
  • Elaboración e conservación de alimentos (30 horas)
  • Seguridade informática e firma dixital (50 horas)
  • Extinción de incendios forestais (45 horas)
  • Xestión e organización da explotación agraria (55 horas)
  • Competencias dixitais básicas (60 horas)

Os alumnos recibirán un título homologado pola FUNDAE que acredita a superación do curso e o número de horas que realizaron. A acción formativa será supervisada polo  SEPE, o que avala a garantía e o rigor do ensino que cursarán os alumnos e alumnas rexistrados.

As persoas interesadas en anotarse nos cursos deberán chamar ao Concello de Folgoso do Courel (982 43 30 01) en horario de 09:00 a 14:00 horas. Para aquelas persoas que non teñan conexión wifi o Goberno local pon á súa disposición a Biblioteca do Concello, con conexión gratuíta.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...