O curso “Monforte Recurso Turístico” desenvolverase os días 24, 25 e 26 de Novembro en horario de 11.00 h a 12:30 h nas instalacións da Delegación zona Sur da APEHL, situada na rúa Zapaterías de Monforte.
O curso estará impartido pola guía turística de Galicia, Ana Buján. A actividade está subvencionada polo Concello de Monforte e destinada ao sector hostaleiro e turístico, para darlle un maior servizo de información aos seus clientes e turistas que visiten a cidade.
Todas aquelas persoas interesadas en participar do curso deben poñerse en contacto coa delegación da APEHL no número de teléfono: 982.412.050. As prazas son limitadas para cumprir coa normativa de aforo.