Homesociedade14 concellos da provincia con 14 días sen coronavirus

14 concellos da provincia con 14 días sen coronavirus

Galicia contabiliza 59 municipios nos que non se rexistrou ningún caso de covid-19 nos últimos 14 días, o que implica o 18,8% dos 313 concellos galegos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

 De todas as localidades libres de coronavirus, a gran maioría -un total de 40- correspóndense coa provincia de Ourense. Segundo se desprende do mapa que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, este número supón que o 43,5% dos municipios ourensáns levan dúas semanas sen detectar positivos.

Tras Ourense, está Lugo como segunda provincia con máis concellos que non detectaron casos de coronavirus en dúas semanas, un total de 14 –o 20,9% das 67 localidades que a compoñen–. Trátase de Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, O Saviñao, Sober, Trabada, Triacastela e O Vicedo. Así, retiráronse da listaxe lucense Baleira, Muras, O Páramo, Portomarín e Riotorto, por rexistrar polo menos un positivo nos últimos 14 días. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...