HomesociedadeFinaliza a mellora da estrada LU-933 entre Monforte e Chavaga

Finaliza a mellora da estrada LU-933 entre Monforte e Chavaga

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de mellora do firme que executou durante os últimos dous meses na estrada LU-933 en Monforte de Lemos, entre o núcleo urbano e a parroquia de Chavaga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A intervención da Xunta supuxo a mellora de 6,7 quilómetros da vía cun investimento de 336.400 euros. Rehabilitouse o pavimento deste treito da LU-933, entre os  puntos quilométricos 2,060 e 8,820, mediante a execución de fresados e a extensión dunha nova capa de rodaxe con mestura asfáltica en quente en toda a calzada.

A actuación completouse coa renovación da sinalización horizontal e o balizamento da estrada. Na travesía da localidade acondicionáronse dous pasos de peóns e fíxose un novo para reforzar a seguridade. 

Os traballos forman parte do contrato das obras de mellora do firme en tres estradas que vertebran as comunicacións con Monforte de Lemos, cun investimento autonómico de máis dun millón de euros.  

A dispoñibilidade de orzamento asignado a este contrato permitiu ampliar o proxecto inicial de acondicionamento da estrada entre Monforte e Bascós e engadir outros 2,3 quilómetros para continuar coas melloras ata Chavaga. Con esta intervención, subliñou o delegado, “refórzase a seguridade viaria e facilítase a mobilidade dos veciños e veciñas desta contorna”. 

ÚLTIMAS

A comunidade rural da comarca de Chantada reivindícase ante os parques eólicos e outras afectacións ao territorio

Durante a presentación, a presidenta da entidade destacou que, nun contexto marcado polo despoboamento,...

A II Summer Begin’s Quiroga celébrase o 24 de xullo no Parque da Constitución

Os amantes da música urbana, a electrónica e o bo ambiente xa poden ir...

A política cultural como ferramenta de transformación social protagoniza un encontro no Pazo de Tor

O encontro enmarcábase no proxecto “Escola, Cultura e Territorio” promovido polas áreas de Cultura...

Este 18 e 19 de xullo, Ferreiros na Pobra do Brollón celebra a IV edición de Brindadeira

Brindadeira xurdiu dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar a tradición do brindo, un...