HomesociedadeO Incio conta cun parque infantil en Vila de Mouros

O Incio conta cun parque infantil en Vila de Mouros

A Xunta de Galicia achegou 27.000 euros ao Concello do Incio para construír un parque infantil xunto ao local social do lugar do Barrio, na parroquia de Vila de Mouros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O novo espazo de recreo alberga diferentes xogos infantís, como columpios e unha tirolina de 30 metros de lonxitude. No chan colocouse un pavimento especial para amortecer as posibles caídas dos pequenos e pequenas.

Esta zona de xogos complementa o equipamento que xa existía na contorna do local social, onde tamén hai un parque biosaudable orientado a persoas maiores e unha pista de multideporte.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, puxo en valor a colaboración entre administracións “para empregar os recursos públicos de forma eficiente e para impulsar proxectos que respondan ás necesidades específicas de cada territorio”. Nesa liña, o delegadosalientou que a cooperación da Xunta co Concello do Incio “permite facilitar un espazo de ocio e convivencia do que poderán desfrutar as familias que residen nesta contorna rural”.

Por último, Arias lembrou que a Orde de axudas destinadas a concellos para mellorar infraestruturas de uso público dispón de catro millóns de euros na convocatoria deste exercicio, un millón máis que o ano pasado.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...